Swans

Swans
Swans en Varsovia no ano 2010
OrixeNova York, Estados Unidos
Período1982 - 1997
2010 - presente
Xénero(s)avant-garde music, post-punk, rock experimental, art rock, noise rock, música industrial, rock industrial, post-rock, No Wave
Selo(s) discográfico(s)Young God, Neutral Records, Homestead, Caroline/Virgin/EMI, Uni/MCA, Invisible, Atavistic
MembrosMichael Gira
Norman Westberg
Christoph Hahn
Phil Puleo
Chris Pravdica
Thor Harris
Antigos membrosJarboe
Vinnie Signorelli
Jonathan Kane
Sue Hanel
Dan Braun
Bob Pezzola
Daniel Galli-Duani
Harry Crosby
Roli Mosimann
Algis Kizys
Ted Parsons
Clint Steele
Bill Bronson
Stevie McAllister
Kristof Hahn
Ivan Nahem
Ronaldo Gonzalez
Jon Tessler
Bill Rieflin
Artistas relacionadosAngels of Light, The Body Lovers / The Body Haters, World of Skin
Na rede
http://www.swans.pair.com/
Facebook: SwansOfficial MySpace: swansaredead Bandcamp: swansSouncloud: swansofficial Spotify: 79S80ZWgVhIPMCHuvl6SkA iTunes: 5580746 Last fm: Swans Musicbrainz: 3285dc48-9505-469d-ad8a-bdf2d3dba632 Songkick: 132580 Discogs: 154588 Allmusic: mn0000034988 Editar o valor em Wikidata

Swans é unha influente banda estadounidense de rock experimental, activa inicialmente de 1982 a 1997, e liderada polo vocalista, compositor e multiinstrumentista Michael Gira. Foi un dos poucos grupos que emerxeu da escena no wave de Nova York de principios dos 80 e permaneceu intacto ata a seguinte década. A banda destacou polas súas voces e a súa estraña instrumentación e contribuíu ao desenvolvemento de xéneros como o noise rock, o post-punk, a música industrial e o post-rock. Tras o ingreso do cantante, compositor e teclista Jarboe, que apareceu por primeira vez no sinxelo de 1986 "Time Is Money (Bastard)" e estreouse como compositor no álbum de 1987 Children of God, Swans comezou a incorporar máis melodía e complexidade á súa música. A banda disolveríase no ano 1997, permanecendo como únicos membros constantes durante esa época Gira e Jarboe.

En xaneiro do ano 2010 Michael Gira reactivou Swans sen Jarboe e comezou a traballar nun novo álbum, My Father Will Guide Me Up a Rope to the Sky. Gira conseguiu unha serie de membros estables cos que comezou a xirar por todo o mundo e cos cales editou unha serie de traballos aclamados pola crítica.[1] Con estes músicos a banda realizou os seus últimos concertos en novembro de 2017, ao finalizar a xira de promoción do seu álbum The Glowing Man. Dende 2019 Gira toca e grava con Swans como "un conxunto xiratorio de colaboradores".[2] O seu último álbum ata a data, Leaving Meaning, foi editado o 25 de outubro de 2019.

  1. Metacritic (ed.). "Swans". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2017. 
  2. Facebook (ed.). "Últimos concertos". Consultado o 27 de decembro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search